Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Canfranc recibe á elite mundial do Trail Running

Esta fin de semana Canfran centrará boa parte da información deportiva xa que nas súas contornas disputarese unha intensa actividade tanto nacional como internacional de Trail Running

Para comezar, o sábado día nove, poderemos presenciar a disputa do Campionato de España máster Classic 25 na que tomarán parte catro atletas da nosa comunidade . Ao fronte dos mesmos estará o responsable técnico do sector Ivan Sangiao a quen veremos compitindo tanto o sábado no campionato M35 como o domingo na proba da Copa do mundo.

Xunto a Sangiao estarán no estatal o medallista de bronce na M45 dos pasados campionatos galegos Abel Barros do Atletismo +9 Moraña así como Adolfo Garrido do Burgas Ourense e Emilio Montilla do C.D. Biosbardo na categoría M50.

Importante número de galegos e galegas na proba da Copa do Mundo

A maiores, e comezando o venres, a localidade oscense acollerá varias modalidades valedeiras para o campionato do mundo  na que máis dunha vintena dos nosos e nosas representantes estarán participando. Será en concreto na proba classic, a que contará ca presenza da campioa galega de subida de montaña, e debutante nun campionato do mundo, María Martínez. Na categoría masculina o campión galego de Trail  Pablo Camesscase do C.D. Delikia será o encargado de liderar unha proba na que repite logo do seu debut do pasado 2 de xullo na localidade portuguesa de Montemuro.

Compartir: