Unha vez rematada o que para moitos foi o mellor Campionato do mundo, toca facer balance da actuación dos nosos representantes Budapest.
A presenza galega fíxose notar, e de que maneira, nuns mundiais nos que milleiros de seguidoras e seguidores do atletismo en Galicia estiveron moi atentos as avolucións de Antía, Adrian e Tariku na parte máis visible, xa que tamén as xuizas Loreto Brea e Beatriz Rivas foron designadas para interveir nesta cita.
Os galegos e galegas unha a un
A máis madrugadora en tomar parte foi Antía Chamosa. A subcampioa Sub23 Europea, demostrou que está perfectamente asentada na elite mundial da marcha. Tomou parte na proba dos 20 km. na súa primeira cita mundialista rematando no posto vixésimo noveno con 1h.34:20 que lle deixaban sensacións agri-doces. En calquer caso, esta actuación non debe desmerecer a fantástica tempada efectuada pola atleta da Gimnástica que lograba durante o 2023 o sétimo posto no europeo, logrando ademáis os bronces nos nacionais dos 20 Km. e dos 35 Km. con sendos récords galegos. A súa evolución e mellora continúa de maneira imparable na procura de maiores retos.
Tariku Novales voltaba á selección logo dun parentese marcado polas lesións e os problemas que o facían debutar en todo un mundial ca selección absoluta. O atleta de Noia, que se atopa adestrando en Madrid, volvía da mallor maneira posible xa que lograba ser o primeiro dos atletas españois en entrar na línea de meta, logrando o posto vixésimo primeiro da xeral cun rexistro de 2h.12.39. Sen lugar a dúbidas, esta carreira executada tan intelixentemente, servirá a Tariku como un importante estímulo de cara ao seguinte gran obxectivo: a clasificación para os xogos olímpicos.
A actuación de Adrián Ben, tan só se pode definir como a de maxistral. Novamente o atleta viveirense fixo historia ao lograr durante as semifinais ser o primeiro home galego en baixar da barreira dos 1:44 para deixar un incrible récord autonómico en 1:43.92 que lle da dereito a formar parte do moi selecto grupo de atletas a nivel mundial, instalados nesas cotas.
Fiel ao seu estilo e gran personalidade, abordou a finalísima cunha gran concentración e sentido táctico que a piques estivo de darlle un metal que se lle resistiu por moi pouquiño. Sen lugar a dúbidas o excelente momento tanto físico como mental no que se atopa, fan presaxiar moitos momento importantes que están por chegar.