Preto de douscentos atletas tomarán parte esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia que para as modalidades de Milla en Ruta (categorías absoluta, Sub23, Sub20 e Sub18) e de 1 Km. (categorías Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10) percorrerán as principais rúas do Concello de Lourenzá este sábado. A proba que dará comezo as 17.30 horas, conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do Club Escolas Deportivas Lourenzá.
Entre a relación de atletas inscritos e inscritas figura a presenza do campión galego absoluto do ano pasado Gustavo Santiago do Triatlón Poio e da medallista de bronce Lucía Varela do Lucus Caixa Rural Galega quenes a priori parten como uns dos favoritos para estar no máis alto do podio. Xunto ás citadas, tamén estarán na lista de saída nomes importantes como os de Amparo Corredoira da Atlética Lucense e Carolina Santos do Ría Ferrol ou as de Manuel Campello do Atletismo Narón e Xian Rodríguez do Marineda Atlética.
Tampouco faltarán a esta cita boa parte das gañadoras e gañadores do ano pasado nas súas respectivas categorías quen na procura de reeditar o seu título, estarán na cita laurentina. Teñen confirmado a súa participación Celinda Spencer do Oviedo Atletismo e Santiago Bas do Atletismo Sada na máster-35; Marcos Conde do Atletismo Ribadeo na M40; Abel Barros do Atletismo+9 Moraña na M45; Rocío Díaz do At. Ribadeo na W50; Jorge Beleiro do Burgas Ourense na M60; Begoña de Arriba do Egovarros de Viveiro e Ramiro Méndez de A Gándara na máster-65; Nemesio Gutiérrez do At. Friol na M65; José Luis Rey na M70 e Antonio Hernández na M75 de La Mochila del Deporte.
Campionato Xunta de Galicia de 1K.
A maiores tamén disputarase o campionato Xunta de Galicia de 1K. para as categorías base do noso deporte. Nesta modalidade estaremos moi atentos á actuación dunha das grandes promesas do noso atletismo, a do campión de España e plusmarquista nacional dos 1.500 obstáculos Alex Sierpes do Atletismo Trega quen tomará parte na categoría Sub16.
Enrique García-García Boente da Atlética Lucense; Pablo Barreiro do Pinarium; Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá e Daniela Bayón do Cambados Seguros Noval entre outras e outros, pecharán o cartel desta edición.