Damos a benvida ao Club Atletismo Castro

Damos a benvida a unha nova entidade atlética que acaba de constituirse e que xuntará esforzos, xunto ao resto do tecido atlético da zona, en seguir impulsando o atletismo lucense, neste caso, desde a comarca de Castro de Rei.

Trátase do Club Atletismo Castro a cuxo fronte sitúase a súa presidenta Carmen Tojo, quen estará acompañada por Marcos Veiga en calidade de vicepresidente, Luis Freire como secretario, Josefina Fernández como tesoureira e Javier Castro e Miguel Carreira como vogais.

A formación nace da man do equipo feminino de fútbol sala Castro FSF, recén ascendido a Primeira División Nacional e representa, segundo Suso Vázquez da Federación Galega de Atletismo, e presente no acto “Unha importante aposta que fan en Castro de cara a recuperar o empuxe histórico das escolas deportivas. Pare elo artellaron unha xunta directiva con ampla experiencia na xestión deportiva, tendo un clube de referencia no fútbol sala galego e que a bo seguro, dará importantes pasos no atletismo”

Moita sorte e benvid@s!

 

 

Compartir: