Recentemente foi presentado o XIV Campionato Xunta de Galicia de Milla e dun 1 Km. en Ruta así como a VI Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa baixo a asistencia do Concelleiro de Deportes de Lourenzá , Francisco Javier Súarez; de Jesús Vázquez Tallón en representación da Federación Galega Atletismo; Pablo Maseda e Patricia Calvo presidentes de Escolas Lourenzá e Maderas Barcia Cervo; Javier Barcia de Maderas Barcia, así como de atletas das escolas e membros directivos Miguel Gavín e Lino García.
O campionato levarase a cabo na Lourenzá o vindeiro sábado 26 de agosto e contará ca participación dos mellores especialistas da modalidade no que supón a volta gradual á competición logo do parentese estival.