Resultados

A Pista de A Fieiteira como eixo central dos temas tratados por Iván Sanmartín e Luis Pérez

No día de hoxe tivo lugar unha xuntanza no concello de Ribeira entre o Presidente da FGA Iván Sanmartín e o coordinador federativo na área de Barbanza Vicente Sánchez co Alcalde da localidade Luis Pérez e o Concelleiro delegado de deportes Xabier Vidal.

No transcurso de mesma, calificada por Sanmartín como de “moi positiva e fructífera”  abordáronse diversos aspectos importantes entre os cales a situación actual das pistas de atletismo de A Fieiteira, ocupou boa parte da xuntanza. A nova corporación municipal amosou neste tema todo o seu interese, tanto na nova homologación da pista, como o da súa dotación con novo material de competición nos próximos exercicios.

Nun clima de total entendemento, se foron analizando o resto de asuntos pendentes, entre os cales se atopaba o da licitación e construción do novo módulo cuberto de atletismo que segundo  se indicou “marcha por bo camiño”

Por parte do equipo de Luis Pérez amosouse a intención de incrementar a oferta federada competitiva que pasaría por recuperar a media maratón Concello de Ribeira así como a de organizar algunha actividade de campo a través, mantendo paralelamente, a actividade federada en pista como a que está previsto que se desenvolva o vindeiro martes.

Para o presidente federativo  “Saio moi satisfeito deste encontro no que poidemos tomar contacto e coñecer a esta nova corporación ca que estou convencido, traballaremos da maneira máis eficaz posible na procura das mellores solucións para o noso deporte”

Compartir: