A cita máis importante do atletismo desenvólvese esta fin de semana en Torrent ca disputa do seu Campionato de España absoluto de aire libre á que acuden en representación da nosa comunidade un total de 40 atletas galegas e galegos (26 mulleres e 14 homes).
As máximas aspiracións recaerán da man da plusmarquista nacional e olímpica Belén Toimil quen parte como clara favorita á revalidar os seus últimos títulos logrados.
Ana Peleteiro pola súa banda, regresa a unha cita nacional logo da súa maternidade co cartel de favorita nunha proba na que a súa máxima rival será María Vicente.
Na categoría masculina será o campión europeo de pista cuberta Adrian Ben quen centre todos os focos de atención sobre uns 800 m. que contarán cun grandísimo nivel con nada menos que catro atletas por baixo dos 1:45.
Nos 5.000 m. unha impresionante Joselyn Brea parte como clara favorita logo de ir sumando este ano excelentes resultados. A único incertidume está en saber si será capaz de estar sobre os seus 14:47.76 acreditados este mesmo ano. Sobre esta mesma distancia a internacional do Celta Ester Navarrete estará loitando unha ano máis por un dos postos de honra da proba.
A xavelina contará cunha seria aspirante ao título da man de Carmen Sánchez Parrondo, quen se achega ca segunda mellor marca das participantes de 53.74 m. Pola súa banda a campioa de España de pista cuberta Saleta Fernández estará na loita polos metais para o que probablemente deberá estar saltando por encima dos 1.80 m.
A proba dos 1.500 m. femininos é a proba que conta con máis presenza galega ca participación das atletas do ADAS CUPA María Cedrón, Sara López, Inés do Campo e a ourensá Antía Castro, atletas estas dúas últimas, que lembramos se proclamaban campioas de Europa Sub20 por seleccións a finais do ano pasado.
A maiores viaxarán a Torrent, o Campión de España Sub23 de martelo Eric Méndez quen aspira a estar entre a lista top desta edición ao igual que a medallista de bronce en lonxitude do citado campionato Olaia Gisela Becerril. A tamén campioa de España Sub20 en martelo Blanca Pereira do Ourense Atletismo e a subcampioa en heptatlón Carlota Salagado do Celta, contarán cunha boa oportunidade para seguir medrando e acumulando experiencia en alta competición.
Para rematar a marcha estará moi ben representada da man dos internacioanis da Gimnástica Antía e Daniel Chamosa así como de Carmen Escaríz do Ourense Atletismo quenes intentarán rematar o campionato cunha boa actuación
Por último tanto María Pena do Celta en xavelina, María Ezquerro da Gimnástica en disco, Claudia Rojo nos 400 valos e Raúl Cortizo do Celta na lonxitude, estarán loitando por estar entre os postos de finalistas deste campionato de España.