Resultados

Deixounos o último gran menciñeiro

Temos que lamentar fondamente o falecemento no día de onte de José Luis Torrado “O Bruxo” protagonista dunha época do deporte en branco e negro a idade de 87 anos.

Personaxe importante do mundo do noso deporte, no que chegaría a ser campión de España dos 400 m. en 1957, tamén foi coñecido a nivel internacional como un dos continuadores dos antigos menciñeiros cuxos coñecementos naturistas milenarios permitíalles curar e obrar sobre múltiples doenzas. No caso de O Bruxo, adquiriría sona e fama mundial pola súa habilidade para sanar lesións deportivas que o levaron a ser recoñecido e premiado por múltiples entidades, organismos, institucións e clubs de primeiro nivel.

A historia do deporte galego e español non se poden entender sin a súa gran contribución como home xeneroso, altruista, humanista e profesional adiantado a súa época.

Que a terra e a natureza que tanto amaches, te recolla e reciba querido amigo.

DEP

José Luis Torrado por Emilio Navaza

Compartir: