Resultados

Ford Gonzacar-Galmotor, dez anos xuntos de rodaxe

Xunto aos estamentos do  noso deporte formado por atletas, adestradores, xuices e clubs, son tamén moitos os motores que impulsan e dinamizan cada un dos proxectos e actividades que se desenvolven ao cabo da nosa Comunidade.

Un dos máis importantes que a nivel de colaboración e axuda conta a Federación Galega de Atletismo, é a que lle brinda a empresa líder en vehículos Ford Gonzacar-Galmotor que conta con importantes concesionarios en A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Caldas e Lalín.

Dez anos de colaboración

Todo comezaba fai uns dez anos cando entre a Federación e a propia empresa, comezaban as primieras viaxes e os primeiros kilómetros polas rúas galegas para atender a cada vez máis importante demanda de competición que se viña producindo. A través de Mario González saían do concesionario os primeiros servizos dos modelos de furgonetas que transportaban toda a loxística e material que permitía desenvolver campionatos e actividades deportivas por toda a nosa xeografía.

Desde entón, os vehículos de transporte Ford Gonzacar-Galmotor,  prácticamente chegaron a unha boa parte de todos os Concellos da nosa comunidade, sendo incontables a día de hoxe, os kilómetros percorridos e moito menos cuantificable sería determinar o gran e importantísimo servizo loxístico aportado por eles.

A gran fiabilidade das súas unidades de transporte fixo que recentemente, e a través dunha subvención da Xunta de Galicia, se poidera adquirir por parte da Federación un furgón Ford Transit que desde fai uns meses opera xa nos distintos escenarios de competicións galegos.

Oferta de aniversario

Precisamente para celebrar este aniversario, Ford Gonzacar-Galmotor, ven de anunciar unha Oferta Especial Federación Galega de Atletismo a través da cal se poden obter importantes descontos nos modelos Kuga (ata un 30%), Puma (ata un 26%) e Focus (ata un 32%) nas súas unidades limitades de exposición e ata o mes de setembro.

Agradecementos

Desde esta Federación e no nome de todo o atletismo galego, queremos expresar o noso agradecemento a todos estes anos de axuda e colaboración así como o noso recoñecemento polo seu compromiso para co noso deporte.

¡¡MOITAS GRAZAS!!

 

Compartir: