O Centro de Ensino Atletismo Galego (CEAGA) abre o prazo de matrícula para cursar o bloque común e bloque específico do Ciclo inicial do grao medio de técnico deportivo en atletismo (TD1).
As clases darán comezo no mes de setembro co inicio oficial do curso 2023/24.
Terán prioridade na matrícula os estudantes/as que fixeron a pre inscrición de curso e superaron as probas de acceso desenvoltas na convocatoria extraordinaria (INEF Galicia), ata un máximo de 30 prazas.
Documentación a remetir ao correo ensino@atletismo.gal como prazo tope ata o día 25 de xullo de 2023
- Impreso de matrícula
- Fotocopia DNI
- Copia título académico para o acceso ao ciclo
- Certificado de ter superada a proba específica de acceso (o CEAGA xa conta con todos os certificados)
- Modelo 730 da Xunta de Galicia de ter aboadas as taxas de servizos xerais e apertura de expediente, (35€) o pagamento debe efectuarse a través de Atriga, indicando no obxecto de pago o “nome completo do alumno/a e a taxa de atletismo servizos xerais e apertura de expediente” (Guía para facer os pagos das taxas vía telemática)
- Resguardo do pago das taxas na conta da FGA IBAN ES82 2080 0068 7830 4001 9194 conforme os seguintes grupos (A*) e (B*)
Concepto |
(A*) Federados FGA | (B*) Resto estudantes |
|
50 € | 50 € |
|
380 € | 450 € |
|
430 € | 500 € |
Máis info en: ensino@atletismo.gal