Corenta e cinco galegas e galegos viaxan ao Sub23 de Tarragona

Un total de corenta e cinto atletas (vinteseis mulleres e dazanove homes) tomarán parte nunha nova edición correspondente ao Campionato de España Sub23 que durante os días 1 e 2 de xullo se estará levando a cabo na localidade catalana de Tarragona.

Entre a relación de atletas participantes, destaca  a presenza do campión galego absoluto de aire libre Miguel Ángel Granado do Real Club Celta quen estará tomando parte nos concursos de peso e disco.

Eric Méndez en lanzamento de martelo e Pedro Santos do Celta no de xavelina, serán outros dos atletas que conten con posibilidades de estar loitando polos metais deste campionato.

No salto de lonxitude a internacional Olaia Gisela Becerril,  bronce no estatal de Santander do ano pasado, achégase ca cuarta mellor marca das participantes malia que será no martelo ca presenza de Irene Gómez e na xavelina con María Pena do Celta quenes estén en clara disposición de pelexar polas medallas nas súas respectivas probas.

A maiores tomarán parte en Tarragona a subcampioa de España en pista cuberta María Cedrón do ADAS CUPA quen estará na línea de saída na proba dos 1.500 m.  De igual modo o campión de España Sub20 do ano pasado Hugo Vázquez do Marineda nos 110 valos, e os medallistas no mesma edición, Pedro Santos na xavelina,  Aitor Fernández en combinadas, María Fernández nos 800 m. e Antía Castro nos 5.000 m. -todos no seu primeiro ano como Sub23-,  aspiran a un dos postos importantes das súas respectivas probas.

Para rematar estaremos tamén moi pendetes do que poidan facer Sergio Coello do Celta na lonxitude, Lía Caride do Ría Ferrol nos 400 valos, Inés Docampo do ADAS CUPA nos 1.500 m. e Hugo García do Celta nos obstáculos,  os cales recentemente proclamabánse campións e campioas galegas absolutas da última edición disputada recentemente en Compostela.

Foto de Fotocarlosgrafias

   

 

 

Compartir: