Xa temos data para a Gala de premiacións correspondente ao VIII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña que ao longo da pasada edición, levaríase a cabo por unha trintena de concellos galegos.
Finalmente será o vindeiro xoves día 6 de xullo ás 20.00 horas cando o Pazo de Vilaboa en Culleredo, premie a un total de 81 atletas no apartado individual e a 12 entidades deportivas no colectivo.
Lembranos que este ano novamente os títulos absolutos volveron recaer nos domiñadores das últimas edicións, Rocío Alvite do Clube Atletismo Sar e Amador Pena do S.D. Compostela Atletismo.
Por clubs, a formación do Atletismo Sar domiñaba a categoría absoluta tanto en homes como en mulleres, correspondendo o triunfo na categoría de menores ao Club Atletismo Noia en mulleres e o Natación Ribeira en homes