A Selección Galega Sub18 logra a sexta posición en Logroño

Boa sexta posición a lograda pola Selección Galega Sub18 esta fin de semana no Campionato de Seleccións levado a cabo en Logroño.

Nun encontro composto por dazasete equipos e gañado polo combinada catalán, a nosa selección sumaba un total 213,5 puntos.

Destacaron a nivel deportivo a terceira posición lograda por Celia Castro nos 400 m. con 56.27, así como os postos de finalistas conseguidos por  Gema Magdaleno en peso con 13.74 m.; Alicia Barreiro nos 400 valos con 1:03.29; Sara Guedes en 2.000 obstáculos con 7:06.99; Unai Loureiro en triplo con 13.61 m.; Pablo Sánchez en 5.000 marcha con 22:38.60; Aixa Corbacho en martelo con 50.77m.; Teo de Frutos nos 3.000 m. con 8:43.10; Marina Artemia en lonxitude con 5.27 m.; Alejandro Rey en xavelina con 47.29 m.; Daniel Salgueiro nos 800 m. con 1:55.80; Matías Moldes en pértega con 4.11 m. e os equipos de relevos dos 4×100 e 4×400 m.

Compre salientar a nivel interno, o gran compromiso e actitude amosado por todos e cada unha das compoñentes da selección tanto dentro como fora da pista de compitición o que representa, a decir por boca dos responsables técnicos desprazados, ” un auténtico orguio poder estar ao fronte dos mesmos” 

Compartir: