Continúan producínsose cambios e movementos na reestructuración da área Técnica da Federacion Galega de Atletismo.
Sa fai uns días anunciabamos o nome de Frank Casañas e Maika Juegen como novos responsables das áreas de lanzamentos e de marcha, no día de hoxe informamos da incorporación de Carlos Tuñas ao fronte da área de nova creación en calidade de Responsable de Seleccións Autonómicas.
O novo responsable, que seguirá compaxinando as súas tarefas ao fronte do sector de velocidade da FGA, terá como principal cometido o de recabar toda a información precisa e necesaria de cara a elevar informes á dirección técnica que será finalmente quen decida a composición dos distintos combinadas autonómicos.
De igual modo, entre outros dos seus cometidos importantes, estará o de ir ao fronte como xefe de expedición da Selección Galega nas súas distintas viaxes e compromisos deportivos.