O Estadio de atletismo de Calabagueiros en O Barco de Valdeorras, recibirá este domingo a importante cita correspondente do Campinato Xunta de Galicia de clubs Sub10 e Sub12 así como o Campionato individual para a categoría Sub14
Nesta importante cita do atletismo base, participarán preto de 800 nenos e nenas en representación de máis de 50 equipos o que o convirten nun dos eventos máis importantes que se realizan para as categorías de promoción do noso deporte
Entre os clubs que estarán parte destacan as formacións de Atlética Lucense, ADAS CUPA, Atletismo Narón, C.D. La Purísima, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo e o Club Atletismo Sada os cales acudirán ao Barco con catro equipos cada un.
Educación e valores
Compre salientar que a máxima finalidade deste tipo de campionatos é a de fomentar e estimular a practica atlética entre as categorías máis novas do noso deporte a través da competición. Para elo serán obxectivos fundamentais reforzar conductas, comportamentos e actitudes que entrañen valores positivos.