Todo a punto para que este sábado de comezo a cita anual máis importante do atletismo galego no que será a disputa do Campionato Xunta de Galicia Absoluto que ademáis será Sub23 e de probas combinadas absoluto,Sub23 e Sub20.
O evento máis agardado por todo o atletismo galego, terá nas pistas Universitarias de Santiago o marco perfecto para esta disputa onde tomarán parte preto de cincocentas atletas achegadas e achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.
Un atletismo galego femenino emerxente e internacional.
Moitas e moi destacadas son as atletas femininas que se darán cita neste autonómico a partir das 10:00 horas do sábado. Sen ir máis lonxe, estará presente a plusmarquista nacional e atleta olímpica Belén Toimil quen centrará boa parte dos focos de atención neste campionato. A lanzadora de Mugardos, que xa sabe o que é batir un récord galego nun autonómico, estará lanzando no concurso de peso a partir das 17:05 horas.
Outro dos puntos de atención estará sen lugar a dúbidas nas probas de velocidade onde contaremos ca participación da bimedallista paralímpica Adi Iglesias. A do Lucus Caixa Rural estará tomando parte nas probas dos 100 m. e 200 m. nas que se agarda un interesantísimo duelo entre a lucense, plusmarquista galega dos 200 m., e a tamén internacional, e plusmarquista galega dos 100 m. Ainhoa Repáraz do Val Miñor. Ana Iglesias do Unicaja Jaén, nun excelente ano, estará tamén na loita directa polo triunfo.
Os catrocentos serán unha das probas máis reñidas con catro atletas por debaixo dos 57 segundos e cuxo ranking encabeza a medallista de bronce autonómica de pista cuberta Eugenia Gil da Gimnástica con 56.07. María Fernádez do Univ. de León, a plusmarquista galega Sub18 Alicia Barreiro do Ría e Celia Castro do Mazí, pugnarán polos metais.
Avanzando co medio fodo, a subcampioa galega de pista cuberta María Carballido do Grupompleo Pamplona, parte como favorita sobre a distancia dos 800 m. na haberá que contar tamén con María Cedrón do ADAS CUPA.
Unha das sensacións do atletismo galego, a internacional e campioa de España Sub18 de campo a través Xela Martínez da Atlética Lucense, e a campioa galega absoluta de campo a través Laura Santos do Playas de Castellón, serán as protagonistas doutra non menos interesante disputa que manterán sobre os 1.500 m. e na que ambas están separadas tan só por dazasete centésimas.
A priori os 5.000 m. serán cousa de Sara López do ADAS e de Uxía Pérez do Atletismo Feminino Celta quen busca con este campionato, un título absoluto co seu novo club.
Uxía Pereira de volta da súa máis que positiva estancia norteamericana, será a rival a batir sobre os 100 valos por parte dun grupo de participantes a cuxo fronte sitúase a plusmarquista galega dos 50 valos indoor Teresa Rodríguez do Riazor Coruña. Pola súa banda, os 400 valos terán como serias aspirantes ao título autonómico tanto a Lía Caride da Gimnástica de Pontevedra como a Belén García do ADAS CUPA.
Os obstáculos contarán con outra interesante carreira entre Zoe Cardín do Celta quen corría recentemente en 11:07 e Patricie Viadel do Atletismo Santiago cunha MMT de 11:41.
Nos concursos de saltos estarán presentes as internacionais Alba Cuns en triplo, Olaia Gisela Becerril en lonxitude, e Emma Sihuang en altura, quenes contan con todas as papeletas para estar no máis alto do podio autonómico. Lisa Vosberg do Celta en pértega, co permiso de Bea Viteri do Samertolameu, será outra das atletas favoritas para a medalla de ouro.
Os lanzamentos preséntanse como outro dos pratos fortes, na que contarase cun formidable elenco de atletas internacionais que xunto á xa nomeada Belén Toimil, estarán tomando parte no Campionato Xunta de Galicia. Para comezar as internacionais Irene Gómez do Valencia Atletismo e Blanca Pereira do Ourense Atletismo estarán sobre o círculo de martelo loitando tanto polo título como por un bo rexistro de cara as grandes citas nacionais do ano.
Na xavelina estará toda unha clásica dos podios nacionais, Carmen Sánchez do Unicaja Jaén, quen se posiciona como clara favorita ao caixón central do podio onde podería estar acompañada por Paula Piñón reeditando deste modo, o podio nacional Universitario do pasado maio.
No disco María Ezquerro da Gimnástica fará valer os seus 48.32 m. polos 40.48 m. da internacional Sub20 Xiana Lago do Ría Ferrol, aspirando ambas ao mesmo tempo, ao podio no lanzamento de peso.
Po último a presenza de Antía Chamosa na proba dos 5.000 marcha será outro dos aperitivos do campionato. A medallista de bronce europea Sub23 en Tallín-21, acude a esta cita nun excelente estado de forma polo que non se descarta que poida mellorar eses 21:16.57 que desde fai dous meses constitúen un novo récord galego da distancia.