Esgos recibe o galego de Trail Running na súa subespecialidade de montaña

Este domingo o Concello de Esgos recibe aos participantes que tomarán parte no Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na súa subespecialidade de carreiras de montaña.

A esta cita acuden preto de setenta atletas que como todos os anos percorrerán a partir das 11.00 horas, unha distancia de 13 km. que vai desde o punto de saída, ubicado a carón da propia Casa do Concello, ata o alto do Eirado no que se instalará a zona de meta.

Na relación de atletas inscritos e inscritas, figura a presenza da campioa galega da pasada edición Soledad Castro do Comesaña S.C. quen terá na súa compañeira de club, e subcampioa autonómica Sofía Freaza, a rival máis directa. Xunto elas posicionase tamén para postos de podio Carla Trillo do Ria de Foz a quen este ano vímola formando parte da Selección Galega de Trail Running que competiu no Campionato de España por Seleccións levado a cabo en Navarra.

Na categoría masculina, a loita polos postos importantes podería estar entre o subcampión galego 2022 Javier Janeiro do At. Arenteiro e o medallista de bronce Máximo Oubiña do Cambados Seguros Noval, sen perder de vista aos tamén integrantes da Selección galega en Navarra, Roberto Tuñas do At. Negreira e Pablo Camascasse do C.D. Delikia, atleta este último, a quen xa vimos ocupando o cuarto porto no pasado autonómico dos 10K.

No resto de categorías, presenza confirmada dos campións galegos 2022 José Mira do Burgas Ourense na M50 e Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M60 quenes aspiran a reeditar o seu título.

Compartir: