Resultados

Kimberly García e Caio Bomfin coroanse en Cantones

A mellor marcha mundial novamente pasou polo circuito dos Cantones para tomar parte na súa trixésima sexta edición do G.P. Internacional Trofeo Sergio Vázquez, que neste ano vería coroarse a peruana Kimberly García e ao brasileiro Caio Bonfim.

Nunha xornada ideal para o disfrute do público e as boas actuacións das marchadoras e marchadores, arrincaba esta edición como ben sendo habitual ca disputa do Trofeo Jose Fina Romero reservado para as categorías bases do noso deporte e que daba paso as 17:00 horas á saída da proba internacional feminina dos 20 Km.

Nesta categoría e cun elenco importante de participantes, a bicampioa mundial de Eugene nos 20 Km. e nos 50 Km. Kimberly García, estreaba o seu palmarés en Cantones cun brillante triunfo que mellora o segundo lugar ocupado o ano pasado. Sobre unha distancia na que sempre estivo controlando a cabeza, entraba a oito segundos por diante da segunda clasificada, a chinesa Quanming Wu e a dazanove da terceira, a mexicana Alegna González que viña de repetir o mesmo posto nos 10K de Madrid. A plusmarquista mundial María Perez que durante varios kilometros lideraba a proba, tivo que parar por problemas físicos, o que lle impediu loitar polo título.

Na categoría masculina, tomaban saída nada menos que 115 marchadores  o que non foi impedimento para que un decidido Caio Oliveira Bonfim de Brasil saira decidido a estar por fin, nun podio en Cantones logo de varios anos intentandoo. Por fin este ano, a xusta recompensa quixo que se proclamara gañador desta edición despois de facer unha excelente carreira na que se mostraría superior aos seus rivais. O tempo do medallista de bronce en Londres-17 foi de 1h.18.29 vinte segundo menos que a do segundo clasificado, o campión de Europa e gañador do ano pasado, Alvaro Martín. O terceiro marchador en entrar en línea de meta e acceder ao caixón de honra foi o tamén español Diego García quen xa quedara segundo o ano pasado e cuxo rexistro de 1h.19:25 pulveriza a súa MMT

Por parte galega excelente posto decimocuarto logrado por Antía Chamosa que remataba cun crono de 1h.32:06 o que representa a súa segunda MMT despois do récord galego efectuado en Podebrady de 1h.31:24. Na categoría masculina igualmente Daniel Chamosa remataba no décimo noveno posto cun rexistro de 1h.22.20 que de igual modo é MMT por preto de cinco minutos.

Compartir: