Un total de 225 atletas tomarán parte durante este domingo no Concello de Carballo, no Campionato Xunta de Galicia de 10K en ruta que xuntará aos mellores especialistas galegos e galegas das categorías absoluto, máster, Sub20 e Sub23
Este cita supón unha das probas máis agardadas do calendario de ruta, xa que é por excelencia, unha das preferida polos amantes das modalidades de carreiras pedestres.
O campionato que se desenvolverá a partir das 10:00 horas da mañán, terá a súa saída desde a rúa Gran Vía, situada xunto ao parque da Casa do Concello de Carballo.
Proba aberta
Na relación de atletas, non estará presente o campión galego absoluto do ano pasado Elmedhi El Nabaoui , si en cambio estará intentando repetir o título absoluto Laura Santos do Playas de Castellón quen parte como clara favorita. Xunto á lucense aspiran a revalidar os seus títulos Victorina Losada do Ourense Atletismo e Rubén Caamaño do Atletismo SAR na categoría máster35; Rocío Alvite do Atletismo Sar na W40; Alejandro Pesado do C.A. O Pino na M45; María Aurora González do Pinarium na categoría W50 e José Suárez do C.A. Brión na M55.
Especial atención de cara a ocupar eses postos importantes da internacional do Celta Uxía Pérez e da mazaricá Rocío Alvite en mulleres así como de Rubén Diz do Ourense Atletismo, Alejandro Pesado de O Pino, Anxo Castro do Vicky Foods, Rubén Castro de A Gándara e Amador Pena do S.D Compostela en homes.