Un total de trece medallas (seis ouros, catro pratas e tres bronces) así como un posto de finalista foi o balance xeral da participación galega nos distintos Campionatos de España máster levados a cabo durante esta fin de semana en Alcalá de Henares
O máis salientable foron os títulos logrados pola atleta de A Silva Ángeles Rodríguez quen na categoría F65 lograba os campionatos de pentatlón de lanzamentos con 2.612 puntos así como de milla en pista cun rexistro de 7:14.79. o que supón un novo récord galego da súa categoría.
Completaban a lista de campións nacionais, Xosé L. Otero Cepeda do Atletismo Santiago nos 10.000 M70 con 42:37.95; Carlos Ferrer do Atletismo Narón en decatlón con 4919 p. así como Esther Pedrosa do Playas de Castellón na F60 na proba de milla con 5:46.05. Xulio Ventín do Atletismo Sada era outro dos galegos en lograr o título nacional na categoría en pentatlón de lanzamentos cuxa puntuación de 3.466 puntos consitúen un novo récord do campionato.
O resto de metais foron parar a Javi Viteri do Samertolameu na M60, Carlos Almudí de A Silva na M45 e Cristobal Almudí do Surco Lucerna na M40, todos eles prata na proba de Pentatlón de lanzamentos. Nemesio Gutiérrez do At. Friol lograba o mesmo metal na categoría M65 pero da distancia de Milla.
Para rematar, as medallas de bronce corresponderon a Ana Abuín de A Silva en Pentatlon de lanzamentos e a Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 quen subía aos podios nas probas de Milla e de 10.000 m.