Resultados

Importante presenza galega no europeo de marcha

O domingo a cidade checa de Podebrady celebrará o Campionato de Europa de Marcha por equipos a onde a Selección nacional acude cun equipo moi competitivo integrado por 22 atletas.

Entre a relación de seleccionadas figura a presenza das marchadoras galegas Antía Chamosa e Carmen Escaríz que competirán na proba dos 20 km, e da marchadora Sub20 Aldara Meilán quen tomará parte na proba dos 10 km.

Para a dobre medallista nacional dos 20 e 35 Km e bronce europeo Sub23 Antía Chamosa, esta será unha excelente oportunidade de reafirmar a súa calidade logo dunha contínua e imparable progresión levada a cabo nos últimos anos. Carmen Escariz nun ano complicado de lesións, volve a unha gran competición con moita motivación e gañas de amosar o seu gran potencial diante das máis importantes marchadoras do momento.

Para a terceira das galegas, Aldara Meilán, Podebrady convírtese nunha nova excelente oportunidade para medrar e gañar en experiencia a nivel internacional. A campioa de España Sub18, que está chamada a ser un dos referentes da marcha nacional e mesmo internacional nun futuro próximo, tomará parte co equipo Sub20 na proba dos 10 Km.

Por último, tamén salientamos a presenza da xuiza nivel II ourensá Mercedes Diéguez quen formará parte da expedición oficial que viaxe ata a localidade checa.

Compartir: