Resultados

Exitosa concentración do sector de marcha

No día de onte tivo lugar no Estadio Municipal Rioseco de Narón, unha nova xornada de tecnificación correspondente ao sector de marcha que contou cunha importante asistencia de participantes na categoría Sub16.

Baixo a dirección do responsable de marcha Carlos Morales, quen estivo acompañado por Mayka Jueguen e Manuel Polo, foron desenvolvéndose as distintas actividades ao longo do día que incluiron tanto sesións como charlas técnicas.

De igual modo, a xornada foi a proveitada por parte de varios adestradores para tomar parte activa no desenvolvemento da sesión, así como para abordar e comentar distintas consideracións relacionadas con aspectos técnicos e metodolóxicos.

Compartir: