O recentemente inaugurado IFEVI continúa sendo escenario de diferentes probas competitivas amosando a súa gran capacidade e operativa.
En concreto no día de hoxe, desenvolveuse un novo Control Federativo Xunta de Galicia que xuntou a preto de douscentos atletas e que contaría ca presenza do Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, o Presidente da FGA Iván Sanmartín, o Delegado da FGA en Vigo David Posada e a dos adestradores da Gimnástica de Pontevedra, Santi Ferrer (pai e fillo) quenes poideron seguir in situ o desenvolvemento desta competición.
O encontro foi aproveitado para constatar as excelentes relacións existentes entre Xunta e Federacion, a través das cales, se empezaba a organizar o calendario de probas de cara ao próximo inverno no que se agarda un destacado incremento de actividade atlética baxo teito ca incorporación e homologación do IFEVI. Deste modo, o recinto vigués xuntará a súa capacidade operativa ás demáis instalacións e módulos cubertos da nosa comunidade.
Precisamente de cara a cubrir este importante crecemento e demanda autonómica, Iván Sanmartín trasladaba ao Secretario Xeral para o Deporte a conveniencia da adquisición tanto dun novo equipo de foto finish para o CGTD, como a dunha foto finish para a propia Federación ca que atender ás importantes necesidades que a nivel autonónico se está producindo na actualidade.