Iván Sanmartín visita a Delegación de O Barco

No día de hoxe o presidente da FGA Iván Sanmartín, visitaba a Delegación de O Barco na que mantivo unha xuntanza de traballo co Concelleiro de Deportes Aurentino Alonso así como cos distintos estamentos da Delegación e demáis actores atléticos principais da zona.

No transcurso da visita se estivo analizando o estado das instalacións atléticas, abordando as distintas reformas que se pensan levar a cabo entre as que cabe citar, a limpeza da instalación ou a futura homologación dunha nova xaula de lanzamentos. Tamén se valorou moi positivamente a dotación de novo material deportivo que permitará a optimización dos recursos da propia instalación.

O concelleiro de deportes, comprometeuse a organizar conxuntamente ca Federación Galega e co club ADAS CUPA o Campionato Xunta de Galicia por clubs Sub10 e Sub12 do vindeiro 18 de xuño, así como a homologar a Milla de O Barco de Valdeorras ca intención de incluila no calendario nacional.

Por parte de Concello e Federación, tamén se falou de seguir apostando polas probas de ruta, logo do importante éxito organizativo colleitado durante a disputa do Campionato de España dos 10K absoluto e máster desenvolto o ano pasado. Outro dos compromisos concretados, foi o de estudar os importantes escenarios e contornas naturais que ten O Barco para programar algunha actividade competitiva na modalidade de Trail Runing.

O presidente da Federación Galega, valoraba moi positivamente esta visita institucional na que salientaba as excelentes relacións e gran sintonía co Concello barquense. ¨Traballaremos coordinadamente co Concello de O Barco así como co ADAS CUPA de Tinín González, de cara a seguir mellorando e impulsando o noso deporte neste importante núcleo atlético, berce de formidables e carismáticos atletas¨ declaraba Iván Sanmartín ao remate da súa visita.

Compartir: