Balaídos encheuse de atletismo

Vigo foi escenario este sábado da disputa do Campionato Xunta de Galicia de clubs Sub20 e Sub16 na que se xuntaron un total de trinta e dous equipos na disputa deste encontro.

Categoría Sub20

Como era de agardar, emoción e incertidume non faltaron nuhas pistas de Balaídos que viron como na categoría Sub20, desenvolta na xornada da mañá, daba o triunfo ao equipo local  do Real Club Celta cunha puntuación total de 124 puntos. Deste modo o equipo celeste reeditaba o título logrado o ano pasado en homes, nun encontro no que a Sociedad Gimnástica ocupada o segundo posto da clasificación con 111 puntos, e o Atletismo Santiago o terceiro con 107 p.

Nas mulleres a actual gañadora, a Sociedad Gimnástica, cedía o título ao Celta Feminino quen lograba unha suma total total de 116 puntos polos 102 do Lucus Caixa Rural Galega, segundo clasificado, e os 94 puntos do Ourense Atletismo quen ocupaba o terceiro posto do podio.

Categoría Sub16

Na categoría Sub16 desenvolta na xornada de tarde, a incertidume acompañou ata o último instante xa que unha reclamación presentada ao remate, cambiaba os postos finais de podio, dando a primeira posición ás mulleres ao Atletismo Narón que de igual modo retiña o título  cun total de 107 puntos. Xunto ao conxunto naronés estiveron as ourensáns do C.D. La Purísima con 94 puntos e a Sociedad Gimnástica con 90 p.

A categoría masculina estivo tremendamente disputada con triunfo final para o conxunto pontevedrés da Sociedad Gimnástica logo de sumar un total de 110 puntos. Cinco puntos menos foron os que acadou o Real Club Celta que lograba o subcampionato, situándose a un punto dos celestes e na segunda posición, o conxunto coruñés do Marineda Atlético.

Compartir: