Un total de trinta e dous equipos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de Galicia de Clubs Sub16 e Sub20 que se desenvolverá nas pistas de Balaídos e polas que se agarda que pasen preto de seiscentos atletas.
O campionato que dará comezo as 10.00 horas do sábado, disputarase en dobre xornada, estando reservada a mañá para os atletas Sub20, e a tarde para o campionato Sub16 a partires das 16:30 horas.
No tocante ao deportivo agárdase unha xornada moi entretida e disputada na que o Real Club Celta sairá na categoría masculina Sub16 e Sub20, a reeditar os títulos logrados na edición do ano pasado en Pereiro de Aguiar. Como principais opoñentes terá aos conxuntos do Marineda Atlético e da Gimnástica de Pontevedra ocupando os primeiros postos por estadillo na Sub16, sendo o Atletismo Santiago e o Lucus Caixa Rural quen a priori poden pelexar de maneira directa cos célticos polo primeiro posto do podio na Sub20.
Na categoría feminina, mesmos obxectivos será os que teña o conxunto do Atletismo Narón na Sub16, quen parte como claro favorito para estar un ano máis na zona alta do podio co permiso da Atlética A Silva e do C.D. La Purísima de Ourense. Por último na Sub20, a Gimnástica de Pontevedra terá a priori máis difícil reeditar o título da edición pasado xa é o Ria Ferrol quen lidera por puntos o estadillo clasificatorio, seguidas de Ourense Atletismo e de Lucus Caixa Rural.
Equipos participantes
Sub16 feminino: Atletismo Narón; Club Deportivo La Purísima; Atlética A Silva; Ourense Atletismo; Lucus Caixa Rural Galega; Club Atletismo Sada; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Riazor Coruña.
Sub16 masculino: Marineda Atlético; Sociedad Gimnástica de Pontevedra; ADAS CUPA; Real Club Celta; Ourense Atletismo; Club Atletismo Sada; Club Atletismo Millaraio e Club Deportivo La Purísima.
Sub20 feminino: Ría Ferrol; Ourense Atletismo; Lucus Caixa Rural Galega; Atletismo Feminino Celta; Club Atletismo Sada; Atlética A Silva; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Club Atletismo Santiago.
Sub20 masculino: Real Club Celta; Club Atletismo Santiago; Lucus Caixa Rural Galega; Club Atletismo Sada; Marineda Atlético; Ourense Atletismo; Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Club Atletismo Millaraio.