Continúa desenvolvéndose neste ano o Plan de Tecnificación Atlética 2023, que para esta xornada centrará a súa actividade no sector de marcha.
Así, o responsable do sector Carlos Morales, acompañado polos técnicos Maika Jueguen e Manuel Polo, serán os encargados de supervisar esta sesión técnica que se desenvolverá no Estadio Municipal Rioseco de Narón o vindeiro día 17 de maio a partir das 11.00 horas.
A esta cita están convidados todos os marchadores e marchadoras Sub16 en adiante que desexen tomar parte así como os seus adestradores, para o cal tan só deberán confirmar a súa asistencia na ligazón de inscrición antes do 10 de maio de 2023 ás 20.00h.
Na circular 65-2023, se atopa tanto o programa como a autorización e documentación que os menores deben presentar.