Segunda xornada de Liga para Ría, Gimnástica e Celta

Esta fin de semana volve toda a emoción ca segunda xornada do Campionato Nacional de Liga con importantes intereses galegos en xogo.

Na división de Honra feminina, encontro moi complicado para o RIA Ferrol quen viaxa ata Barcelona para medirse ao Valencia, Grupompleo Pamplona e as locais do Atletismo Catalunya. O obxectivo vital das ferrolás será evitar a toda costa o último lugar do cadrangular que as poría en  serios problemas de permanencia. Na actualidade ocupan un dos dous posto de descenso con 114 puntos.

Pola súa banda e equipo masculino da Gimnástica viaxa a Pamplona onde competirá cos locais do Grupompleo, Cueva de Nerja e Atletismo Catalunya e onde un triunfo sobre o conxunto catalán (a priori o máis accesible), prácticamente deixarían un ano máis aos pontevedreses na máxima categoría estatal.

Na primeira división os nosos tres conxuntos miran para os postos altos da clasificación da cara a estar na loita directa polo ascenso. Eso intentarán precisamente os dous equipos do Celta logo do seu excelente comezo da Liga no que debutaron con sendos triunfos. Para esta segunda xornada os rapaces viaxarán ata Madrid para medirse o sábado ao Marathón, Gandía e eos granadinos do Atletismo del Sur. As rapazas pola súa banda, competirán un día despois no mesmo estadio nun cruce que as enfrontará cas formacións do Lleida, Sprint e UCAM Cartagena.

Por último un potente Cornellá, xunto ao Atletismo Safor e CAPEX, agardan ao equipo feminino da Gimnástica na localidade burgalesa de Villafranca de los Barros para un encontro na que a priori as catalanas, son as máis fortes do grupo.  As pontevedresas marchan comodamente na táboa na sétima posición.

Compartir: