Resultados

Convocatoria das probas de acceso ao Ciclo inicial de grao medio

Pola presentese infórmase que o luns día 22 de maio ás 10:00 horas, terá lugar nas instalacións deportivas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro (INEF Galicia) as probas de acceso ao Ciclo do Grado medio de Técnico Deportivo en Atletismo.

Poderanse inscribir na proba específica, as persoas aspirantes que xunten os requisitos académicos establecidos para poder cursar estos ensinos.

A inscrición para as citadas probas deberá formalizarse na secretaría do CIFP Universidade Laboral (Rúa Salvador Allende. 15670 Culleredo ata o día 12 de maio, presentando a documentación establecida na Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ós ensinos deportivos para o curso 2023/24

As persoas aspirantes deberán aboar os prezos de acordo co establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño para este tipo de probas

Prazos

A listaxe provisional de admitidas/os publicarase o 15 de maio no taboleiro de anuncios e na páxina web do CIFP Universidade Laboral

As reclamacións á listaxe provisional realizarase os días 16 e 18 de maio a través da secretaría do citado CIFP

A listaxe definitiva de admitidas/os e a distribución das/os aspirantes en función das probas, publicarase o 19 de maio no taboleiro de anuncios e na páxina web do CIFP Universidade Laboral

A listaxe provisional de aspirantes que superen as probas publicarase o día 23 de maio no taboleiro de anuncios e na páxina web do CIFP Universidade Laboral

As reclamacións aos resultados das probas realizarase os días 24 e 25 de maio a través da secretaría do citado CIFP

A listaxe definitiva da cualificación das/os aspirantes publicarase o 26 de maio no taboleiro de anuncios e na páxina web do CIFP Universisdade Laboral.

Para máis info: Circular FGA 39/2023, e no correo ensino@atletismo.gal

Compartir: