A Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi o equipo gañador en ambas categorías na disputa do Campionato Xunta de Galicia de Probas combinadas por Clubs que tivo lugar esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra.
A formación lo Lérez impúxose na categoría feminina cunha puntuación total de 10.644 puntos grazas as actuacións das súas compoñentes, Andrea Villaverde (3.964 p.); Marina Artemia (3.815 p.) e Aloa Vilas (2.865 p.). O segundo posto da clasificación era ocupado polas campioas do ano pasado a Atlética A Silva, quenes sumaban nesta edidión un total de 9.101 puntos, completando os postos de podio no terceiro lugar o Maderas Barcia Lourenzá Cervo con 8.080 puntos.
No tocante á categoría masculina as actuacións de Matías Moldes con 5.726 puntos, Alejandro Villaverde con 5.421 e de Nicolás Quiñones con 4793 p. volvía colocar aos pontevedreses no máis alto do podio cunha puntuación de 15.940 puntos mellorando o terceiro posto da edición pasada. Xunto ao equipo gimnástico estiveron no caixón de premiados as formacións do Atletismo Vila de Cangas con 13.005 puntos e a do Atletismo Sada que lograba o bronce con 12.963 p. logo de quedar na pasada edición ás portas do mesmo.