En relación ao Campionato de España de probas Combinadas por Autonomías no cal o noso deporte non estará representado, a Federación Galega de Atletismo quere expresar as súas máis sentidas desculpas cara a todos aqueles atletas, clubs e estamentos en xeral, que se puideron sentir prexudicados, lamentando profunda e sinceramente os desafortunados motivos que deron orixe a esta situación.
Desde este mesmo instante está a traballarse para analizar, determinar e modificar os protocolos levados a cabo, co obxecto que estes feitos non volvan producirse, explorando ao mesmo tempo, algún tipo de alternativa que poida compensar a situación xerada.