Iván Sangiao, novo responsable do sector do Trail Running galego

Logo de que Iván Sanmartín tomara posesión da presidencia da Federación Galega de Atletismo a finais do ano pasado, continúan producíndose novas importantes tanto no organigrama técnico como operativo do organismo deportivo.

Si fai poucos días era David Ferrer quen era nomeado Director Técnico, recentemente Iván Sangiao (Lugo, 1986) incorporábase ao equipo técnico como novo responsable do Sector de Trail Running.

Experiencia, coñecementos e ilusión

Formado en varias universidades en Educación Física, é na actualidade un experto en nutrición deportiva de alto rendemento, traballando nunha multinacional do deporte e asesorando ao mesmo tempo a varios deportistas.

Vencellado ao deporte dende moi novo ca practica de varias modalidades, (bronce en taekwondo nos Campionatos Europeos Universitarios) chegaba ao mundo do trail desde o triatlón no ano 2016 xa que según o propio Sangiao ¨Tiven claro o meu gusto polas sendeiros do monte sobre os trazados de asfalto ¨ colleitando de igual modo notables resultados en probas importantes a nivel competitivo.

Para o novo responsable ¨Considero que Galicia é unha potencia xa que temos unha orografía que permite moitas formas de traballo. Dentro do plan estratéxico que elaboramos a tres anos, consensuaremos unha baremación das probas tal como se teñen no mundial, adaptándoas ao nivel dos nosos deportistas na procura tanto de consolidar, como captar talentos.¨

Unha das ideas que se marca é a de elaborar un calendario apetecible para todos os amantes do trial running buscando de igual modo ¨ fomentar o acceso dos e das atletas procedentes do campo a través ás discipliñas curtas exclusivas do trail, sempre por debaixo dos 35 Km.,  sen descoidar as distancias medias ou longas¨

Entre os seus obxectivos a curto prazo está o de elaborar xunto á Dirección Técnica, un plan de tecnificación para impulsar tanto a técnicos como a deportistas, amosando o seu desexo de ¨involucrar e entusiasmar a todo o tecido que conforma o trail running galego¨ 

 

Compartir: