Balaidos foi sede de dous importantes autonómicos máster

As pistas viguesas de Balaidos, acolleron esta fin de semana un dobre campionato autonómico que tivo por protagonistas aos atletas másters

Por unha banda, disputouse unha nova edición correspondente ao autómico de combinadas máster que arroxaba o triunfo na categoría M45 do atletado do Samertolameu Manuel Lemos cunha puntuación total de 3.381 puntos.

Na categoría M50 era David López do Atletismo Santiago quen lograba o título galego con 4.828 puntos, compartindo podio os atletas do Samertolameu Javier Pena e Alberto Vázquez.

Na categoría M60, título para Carlos Ferrer do Atletismo Narón domiñando amplamente cunha puntuación total de 6.116. O subcampionato sería para Julio Escalante do Atletismo Sada

Xa por último na categoría feminina, Araceli Salgueiro do Samertolameu lograba a primeira posición despois de sumar un total de 4.409 puntos. Na zona de podio estivo tamén a atleta de Moaña María de los Ángeles Bernárdez e Purificación Cariñena do Millaraio.

Campionato Xunta de Galicia de pentatlón de lanzamentos máster

Paralelamente á disputa do galego de combinadas, desenvolvíase o autonómico de pentatlón de lanzamentos máster que tivo na lanzadora do Ourense Atletismo Emilia Mesa a súa gran protagonista logo de acadar nada menos que un total de seis récords galegos na súa categoría de F70.

Comezaba a carismática lanzadora ourensá no concurso de martelo no que conseguía deixar o artefacto dos tres kg. nos 20.96 m. Seguían os triunfos e os récords galegos de martelo pesado con 7.99 m.; peso (3 kg.) con 7.48 m.; disco (1 kg.) con 17.56 m.; xavelina (500 gr.) con 23.49 m. redondeando a súa gran actuación co récord de Pentatlón de lanzamentos no que sumaba un total de 3.522 puntos.

Outra das atletas que convertía a súa marca en récord galego era Angeles Rodríguez da Atlética A Silva logo de mandar o martelo pesado na categoría F65 ata os 9.24 m.

Foron tamén salientables os rexistros logrados polos atletas da Atlética A Silva Carlos Almudí na M45 en martelo e martelo pesado con 48.64 m. e  13.62 m. así como José Fraga en peso M60 con 11.39 m. De igual modo bo campionato de Javier Viteri do Samer que lograba o campionato na M60, salientando o rexistro no disco con 42.63 m

Compartir: