Presentouse en Carballo o Campionato Xunta de Galicia de 10K

Este luns tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de 10K nas dependencias municipais do Concello de Carballo. No acto que estivo presidido, entre outros, polo alcalde do Concello Evencio Ferrero e polo Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, destacouse a importancia deste campionato que forma parte xunto ao de maratón, media maraton, 5K e a Milla, das grandes citas a anuais galegas das carreiras en ruta.

O Campionato será desenvolto na capital da comarca de Bergantiños o vindeiro día 04 de xuño ás 10:00 horas, coincidindo ca décimo primeira edición da 10K de Carballo, agardándose que tomen parte os mellores especialistas galegos e galegas da modalidade.

Proba popular

De igual modo, a organización apostou tanto pola diversidade funcional como pola participación popular para o que haberá tres tipos de clasificacións en fución da discapacidade e unha carreira de 5K para quenes desexen tomar parte na mesma. Tamén as categorías dos máis pequenos contarán con probas específicas que darán comezo desde as 11:40 h. cos Sub18 e Sub16,  ata as 12:40 h. ca saída dos biberóns

Compartir: