Volve o Campionato Xunta de Galicia de clubs con toda a súa emoción

Esta fin de semana o Estadio Universitario de Santiago, recobrará novamente toda a súa capacidade para acoller unha das competicións máis importantes e dinámicas do calendario de probas atléticas, o Campionato  Xunta de Galicia de Clubs en Aire Libre

A esta cita acuden os catro primeiros equipos clasificados do ano pasado, sendo a participación dos outros catro determinada por estadillo de marcas. Á cabeza de todos eles parte a Gimnástica de Pontevedra quen aspira a reeditar o triunfo logrado en ambas categorías na pasada edición.

Acompañarán aos pontevedreses as formacións do Celta Atletismo, Atletismo Santiago, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural, Atletismo Sada, Ourense Atletismo e Marineda Atlético. Na categoría femenina serán os clubs de Ría Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Atletismo Santiago, Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo e ADAS CUPA quenes disputen as gimnásticas o título.

Este campionato prodúcese logo do debut dos equipos galegos que tomaron parte na primeira xornada de Liga, tanto en División de Honra como en Primeira División, polo que servirá, ademáis de para decidir ao campión galego, como importante test de cara aos dous importantes e vitais encontros  que restan de campionato.

Ría Ferrol en mulleres e Gimnástica de Pontevedra en homes, os máis laureados

Na categoría femenina o equipo da División de Honra do Ría Ferrol é o conxunto que máis trofeos galegos acredita cun total de catorce títulos malia que desde o ano 2019 (2020 non se disputou) foron as viguesas do Celta no 2021, e as pontevedresas da Gimnástica no 2022, quenes lograban sendos triunfos. Serán precisamente estes clubs xunto as ferroláns, quenes manteñan unha interesantísima loita polo título, e cuxo enfrontamento máis recente, foi precisamente na Liga do pasado fin de semana con triunfo do cadro vigués sobre o pontevedrés.

Pola súa contra, na categoría masculina é o Real Club Celta quen posúe un maior número de títulos, en concreto trece, sendo o último festexado polo cadro celeste o desenvolto no 2018. O gran rival será novamente o equipo de División de Honra da Gimnástica de Pontevedra domiñador nas tres últimas e dicións.

En canto aos equipos que poderían estar no podio, o Atletismo Santiago na categoría masculina é o que máis opcións aparentes ten  estando a categoría femenina moito máis pechada xa que a priori a loita estará centrada entre Celta, Gimnástica e Ría Ferrol.

Compartir: