Resultados dunha fin de semana de Ligas, Ruta e Trail

Obxectivos dispares para os equipos galegos nesta primeira xornada de Liga Nacional de Clubs.

Na división de honra feminina o RIA Ferrol nun difícil encontro, non poido evitar a última posición do seu cadrangular que foi gañado con autoridade polo favorito, o Playas de Castellón, polo que tocará seguir pelexando moi duro nos seguintes encontros.

Por parte das departamentais as mellores foron Irene Bonaforte nos 1.500 m. e Marina Bagur nos 3000 obstáculos, segunda e terceira clasificada respectivamente.

A Gimnástica de Pontevedra na máxima categoría masculina, puido pola súa contra, cumplir o obxectivo principal de impoñerse ao CAPEX extremeño cun total de 159 puntos. Con este terceiro posto do encontro, os pontevedreses suman uns valiosísimos puntos de cara a encarar as dúas seguintes xornadas. Por parte pontevedresa Carlos Porto nos 3.000 m., Alfonso García na altura e Carlos Revuelta en martelo foron quenes gañaban as súas probas.

Primeira División

Excelentes os resultados dos tres equipos galegos que tomaban parte no día de onte nos seus encontros de Primeira División Nacional.

Na categoría masculina golpe de autoridade do Celta, quen novamente volve a presentar credenciais para o tan desexado ascenso a División de Honra. No seu encontro, disputado en  Gijón, ímpuxose cun total de 190 puntos destacando as victorias parciais de Javier García nos 200 m., Miguel Angel Granados no peso, Yago Araujo en martelo, Pedro Fidaku en xavelina e o equipo de relevos dos 4×400 m.

Nas mulleres, non menos excelentes resultados das nosas representantes, quenes aprendendo dos apuros do ano pasado, lograban as dúas primeiras posicións do cadrangular disputado en Vigo con triunfo para o Celta con 197 puntos seguido da Gimnástica de Pontevedra con 181 p. Destacaron por parte do conxunto celeste as victorias de Ainhora Repáraz nos 100 e nos 200 m., Nediam Nori Vargas nos 400 m., Alice Finot nos 1.500 m., Esther Navarrete nos 3.000 m. e os relevos dos 4×100 m.

Por parte da Gimnástica de Pontevedra triunfos para Lucía Ferrer nos 100 valos, Andrea Villaverde na lonxitude, María Ezquerro en disco, Andrea González en xavelina, e o equipio de relevos dos 4×400 m.  Antía Chamosa nos 5.000 marcha realizaba un  rexistro de 22:16.57 logrando ademáis do triunfo da proba, o récord galego absoluto da distancia.

Campionato de España de 10 K.

Dúas medallas por equipos, así como destacadas actuacións no apartado individual, foi o balance galego no Campionato de España dos 10K disputado en Huelva no día de onte.

Os conxuntos do ADAS CUPA lograban a medalla de prata na categoría F40 e a de bronce na M45. Ademáis delo, no apartado individual Iria Fernández e Elena Ledo do ADAS CUPA na F40  lograban postos de finalistas.

Campionato de España de Carreiras de montaña de Trail Running

O atleta do  Atletismo Narón Martín Barreiro, lograba no día de onte no Campionato de España de Carreiras de montaña de Trial Running disputado en Lloret de Mar, a décimo primeira posición cun rexistro de 1h.18:19.

Compartir: