Resultados

Celebrada a Asemblea Xeral da FGA

Este domingo tivo lugar na cidade da Cultura de Santiago a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo que xuntaría a todos os estamentos do atletismo autonómico.

Durante a mesma, o presidente Iván Sanmartín estreábase ao fronte da mesma logo de ser elexido a finais do ano pasado novo mandatario deportivo en sustitución de Isidoro Hornillos. Ademáis da estrea do ex-delegado de Santiago, tamén houbo máis caras novas producto desta nova asemblea que aprobaría todos os puntos da orde do día, entre os cales están as contas anuais, os novos orzamentos, o calendario de competicións e normas técnicas para o 2023 como aspectos máis importantes.

Co estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e órganos de goberno da federación, así como o debate dos ditintos rogos e cuestións formuladas polos membros da Asemblea, remataba a mesma.

 

Compartir: