Eva Piñel e Jorge Puig domiñan o autonómico dos 5K

Eva Piñel do A.F.Celta e Jorge Puig do Atletismo Santiago, proclamáronse gañadores galegos absolutos do Campionato Xunta de Galicia de 5K desenvolto no día de onte no Concello de As Pontes.

A gañadora galega invertiu un tempo de 17:37 nunha carreira gañada pola tamen céltica Zoe Michelle Odile malia que sen dereito a medalla pola súa nacionalidade francesa. Xunto á gañadora autonómica, compartiron zona de podio absoluta Sandra Mosquera do Comesaña a vinte e dous segundos da gañadora e Branca Fernández do San Miguel de Marín a corenta e cinco.

Na categoría masculina foi o atleta do Atletismo Santiago Jorge Puig quen lograba o título autonómico nunha carreira na que invertiría 14:57. O resto do podio foi completado polos atletas Iván Rego do Lucus Caixa Rural con 15:00 e por Pablo Bocelo da Gimnástica con 15:10.

No resto de categorías resultaron gañadoras na Sub23 á atleta do San Miguel de Marín Branca Fernandez cun crono de 18:23 e Pablo Fernández do Atletismo Ribadeo con 18:06. Na Sub20 pola súa contra os triunfos foron parar a Carolina Santos do Ría Ferrol con 18:56 e para o subcampión absoluto Iván Rego que subía ao podio novamente. Por último Andrea Díaz con 19:17 e Daniel Portomeñe do Ferrol Atletismo con 16:12 proclamábanse campións galegos da categoría Sub18

No que atinxe á categoría máster as novas campioas galegas e galegos foron:

  • Máster 35. Zelinda Spencer do (Oviedo Atletismo) e Antonio Menéndez (Naútico de Narón)
  • Master40. Sofia Freaza (Comesaña S.C.) e Esteban Díaz (C.A.Narón)
  • Master45. Rebeca Soto (C.A.Narón) e José Antonio Santiago (C.D. Pinarium)
  • Máster50. Inés Papín (C.A.Sada) José Luis Roibas (C.A. Sada)
  • Máster55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Fernando Hoyos (C.D. Pinarium)
  • Máster60. Angeles Ripoll (C.A.Sada) Rafael Pérez (C.A. Tui)
  • Máster65. Manuel Calvo (C.A.Sar) e Manuel Calvo (C.A.Sar)
  • Máster70. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) e José Fernando Sáinz (C.A.Sar)
  • Máster75. Manuel Míllara (Comesaña S.C.)

Compartir: