Resultados

As Pontes acolle esta fin de semana o galego dos 5K

O Concello de As Pontes será este domingo a partir das 12:00 horas o escenario no que se dispute o Campionato Xunta de Galicia dos 5K para as categorías absolutas Sub23, Sub20 e máster.

A esta cita á que acuden un total de 170 inscritas e incritos destaca a presenza de varios dos campións e campioas autonómicos da última edición que lembramos se disputaba apenas fai unha fin de semana logo de que se pospuxera o ano pasado por mor das inclemencias meteorolóxicas.

Entre esa relación de atletas que aspiran a reeditar o seu campionato se atopa a campioa galega absoluta Tina Férnandez do Atlatiemo Sar xunto a cal tamén estarán Victor Xosé González do Comesaña da M35; Emilio García do S.D Compostela na M45; Iago Pereira da Gimnástica na absoluta e Carolina Santos do Ría Ferrol na Sub18.

As atletas internacionais Uxía Pérez do Atletismo Feminino Celta e Sandra Mosquera do Comesaña, poñerán calidade a esta edición na que estaremos moi pendentes das actuación do campión galego dos 1.500 m. en pista cuberta Pablo Bocelo da Gimnástica así como do medallista de bronce Jorge Puig do Atletismo Santiago.

Ricardo Negrete do Atletismo Ferrol na Sub18; Iván Rego do Lucus e Alejandra Formoso na Triki Team na Sub20 e as atletas de categoría máster Zelinda Spencer na F35, Inés Papín na F50; Soledad Castro na F55,  Xosé Luis Otero e Elvira Tresguerras na M70 entre outros, completan a relación de participantes destacadas.

Compartir: