Os Sub20 e os máster disputan o seu nacional indoor

Unha vintena de atletas (14 rapazas e 6 rapaces) tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Sub20 que se desenvolverá na localidade catalana de Sabadell.

Do total de participantes destaca a presenza da campioa de España Sub20 do ano pasado en Antequera, a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol quen buscará revalidar o seu título nun concurso no que parte ca segunda mellor marca das participantes

Pola súa banda, a subcampioa de España de Pentathlon Lucía Sánchez del Valle da Escola Atlética Lucense tamén estará sobre o sintético andaluz aspirando ao título nacional recén chegada da universidade norteamericana na que se atopa cursando estudos. No mesmo concurso, a subcampioa de España e atleta internacional do Celta Carlota Salgado, pelexará por estar nos postos de finalista ao igual que a pontevedresa da Gimnástica Isabel Caiero a cal tomará parte na proba dos 3.000 m. na que tan só poideron clasificarse para este campionato cinco corredoras.

Outra das que acude a pelexar o título, é a internacional Diaou Diallo do Ría Ferrol, quen se achega compartindo a mellor marca dun concurso moi igualado. Sen abandoar os saltos a lucense Enma Sihuang Pérez acredita o terceiro mellor rexistro sobre o listón de altura logo de ter sido medallista Sub18 de bronce na pasada edición.

Atención tamén a plusmarquita galega absoluta sobre os 100 m. Ainhoa Reparaz do Val Miñor que estará tomando parte sobre o dobre hectómetro no ano pasado lograba o bronce Sub18.

Por último seguiremos moi atentos as evolucións de Marío Rodríguez do Celta nos 3.000 m.;  Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenza en peso e de Xoel Noguerol do Mazí en combinadas aspirantes todos eles aos postos importantes do campionato.

Campionato de España master

Ata en 82 probas tomarán parte esta fin de semana os atletas galegos e galegas desprazos ata o concello malagueño de Antequera no que participarán no Campinato de España máster de pista cuberta que se estará disputando durante os días 3 ao cinco de marzo.

Entre a relación de inscritos destaca a presenza de varios dos campións e campioas de España da pasada edición desenvolta en Valencia e na que se acabarían colleitando un total de trinta e cinco medallas.

Entre os mesmo se atopàn o campión mundial Juan Manuel Morales do Marineda tomando parte na proba dos 3.000 marcha. Xunto ao marchador estará Miguel Gómez do Celta quen na categoría M35 tomando parte nos 60 e nos 200 m. e Juan Luis Paz do Atletismo Narón na M50 nos 60 valos, altura e pentathlon.

Especial atención aos plusmarquistas mundias de relevos 4×800 Domingo Álvarez e Pablo Fervenza do Samertolameu e Nemesio Gutierrez do Friol, quenes competirán sobre as modalidade de medio fondo e fondo

Na categoría femenina será a multiplusmarquista mundial Esther Pedrosa quen lidere ás nosas representates tomando parte nas probas dos 800 m. 1500 m. e 3000 m. na categoría F60

Compartir: