Novamente a marcha galega volveu dar mostras da súa gran calidade esta fin de semana durante a disputa do Campionato de España de Federacións Sub16 e Sub20 e Campionato de España absoluto e máster
Nada menos que dous títulos nacionais, dous bronces e sete postos de finalistas no individual e no colectivo, foi o balance logrado pola nosa selección galega.
Sen lugar a dúbidas o más salientable e como xa informamos, foi o excelente resultado logrado por Aldara Meilán quen lograba ese importante título individual que a confirman definitivamente como unha das nosas máis esperanzadoras apostas de futuro. Precisamente Aldara foi quen capitaneou a selección galega Sub20 feminina a esa fantástica medalla de bronce por equipos e na que xunto a campioa de España tamén estiveron facendo un magnífico campionato Natalia Rivas quen entraba nun importante 7º posto e Oleksandra Kostenko que facía o propio no 10º. Completaban a actuación galega Andrea Cainzos e Noa Abelleiras nos postos 21ª e 29ª.
Os rapaces Sub20 tamén estiveron ás portas da zona de podio logo de rematar cunha puntuación total de 38 puntos e na que Pablo Sánchez na 12º posición foi o mellor clasificado. Xunto ao lucense entraban en meta Nicolás Collazo e Andrés González nos postos 22º e 23º.
No categoría Sub16 feminina, sétimo posto para a nosa selección na clasificación xeral con Alba Morales como a mellor das participantes no posto 11ª. Xunto á coruñesa completaban postos, Icía Ares 21ª; Marta García 30ª ; Natalia González 36ª e Daniela Domínguez 40ª
Por último a sorte non estivo do lado do combinado masculino Sub16, xa que o abandono de Mateo Pérez e a descualificación de Anxo Jamardo impediría a puntuación por seleccións nunha proba que tan só Diego García no posto 22º e Nadyr Moreira no 32º pudieron rematar.
Campionato de España individual e máster
Paralelamente ao campionato de España de federacións, desenvolveuse o nacional absoluto e máster na que a internacional Antía Chamosa da Gimnástica sobre a proba dos 35 Km. lograba a medalla de bronce absoluta cun rexistro oficial de 2h.53:33 a excasos segundos do récord galego que ela mesma posúe. Tanto Carmen Escaríz do Ourense Atletismo como Iria Rivas do Ria Ferrol quenes tamén tomaban parte nesta distancia, abandonaban a mesma.
Na categoría masculina o tamén atleta da Gimnástica Daniel Chamosa lograba posto de finalista na clasificación absoluta ao rematar na sexta posición cun rexistro oficial de 2h.38:28.
Pola súa banda Juan Manuel Morales do Marineda na categoría M40, proclamábase campión de España da súa categoría ao completar a distancia nun tempo dee 2h.53:42 que representan un novo récord galego mellorando os 2h.59:59 que el mesmo tiña.