Resultados

Fin de semana de citas importantes en Durango, Gavá e Antequera

Campionato de España de inverno de Lanzamentos longos absolutos

Dous importantes campionatos de lanzamentos longos de inverno son os que se disputarán esta fin de semana en Gavá e Durango a onde se agarda que acudan un total de trece dos nosos representantes.

Será precisamente na localidade catalana na que se den cita os lanzadores e lanzadoras absolutas para tomar parte no primeiro campionato importante do ano na especialidade. Por parte galega destaca a participación no concurso de xavelina de Carmen Sánchez e de Paula Piñón quenes lograban neste mesma edición do ano pasado desenvolta en Motrill, os postos quinto e noveno.

Outra das que tamén repite actuación é a internacional viguesa Irene Gómez quen sobre o concurso de martelo intentará mellorar o quinto posto do ano pasado ao igual que o seu adestrador Carlos Revuelta quen compaxinando a parcela técnica ca competitiva, estará sobre o Estadi Municipal de la Bóbila.

A maiores contaremos ca internacional do Ourense Atletismo e campioa de España Sub18 Blanca Pereira tomando parte en martelo así como ca campioa galega absoluta de disco María Ezquerro da Gimnástica de Pontevedra.

Campionato de España Máster de lanzamentos longos

A Federación Vasca de Atletismo en colaboración co Concello de Durango e o club Sekulebedarra Kirol Kluba organizarán o VI Campionato de España de Lanzamentos Longos para atletas máster os días 25 e 26 de febreiro de 2023 na pista de Landako.

Tamén alí contaremos con importante presenza galega entre as que destacan as figuras das campioas de España do ano pasado Ana Abuín e Angeles Rodríguez de A Silva quenes estarán tomando parte no concurso de martelo e martelo pesado na F60, e martelo e xavelina F65 respectivamente. Na categoría masculina actuacións dos tamén campións de España da edición pasada Xulio Ventín do C.A.Sada quen estará no círculo de disco na M60 e de Javi Viteri do Samertolameu quen fará o propio na M60 co disco e ca xavelina.

Xunto eles estarán compitindo Santiago Ferrer, Loreto Brea, e Carlos Sánchez

O club feminino do C.A.Sada estará no nacional de clubs master

Pola súa banda, o equipo feminino do Club Atletismo Sada viaxará ata Anteqera para disputar o sábado día 26 o encontro correspondente ao Campionato de España por clubs máster a que aceden por clasificación directa ou por estadillo, os oito mellores clubs do Estado.

A tarefa das sadendes será a de estar un ano máis entre a élite nacional para o cal viaxarán ata a localidade andaluza Montse Fernández, Concha Novais, Pili Barreiro, Noelia e Inés Papín, Angeles Ripoll, Penélope Barreiro, Tania Valverde, Tita Janeiro, Lina García e Esther Martínez.

 

Compartir: