Coincidindo ca disputa do Campionato Nacional de Marcha en Ruta de Seleccións, do que xa informamos, desenvolverase esta fin de semana na localidade murciana de Cieza, o estatal de marcha en ruta absoluto e máster dos 35 Km. a onde se achegan os máis importantes marchadores e marchadoras galegas.
Na categoría masculina estará tomando parte o plusmarquista galego internacional Dani Chamosa da Gimnástica de Pontevedra quen estará acompañado polo campión do mundo máster Juan Manuel Morales do Marineda Atlético no que será para ambos a súa primeira distancia dos 35 Km. neste ano
De igual modo importantísima presenza galega na categoría feminina na que contaremos ca participación tanto da campioa de España e bronce europeo Sub23 Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra como da internacional e mundialista na última edición de Qatar Carmen Escaríz do Ourense Atletismo as cales estarán loitando polos postos das medallas. Xunto elas estará compitindo a estradense Iría Rivas de cuxa importante progresión haberá que estar moi pendentes.
.