Os principais favoritos e favoritas cumpriron no galego Sub20 de pista cuberta

Novo campionato disputado esta fin de semana en Expourense onde as mellores atletas autonómicas e autónomicos Sub20 estiveron loitando polos distintos postos de podio que estaban en xogo.

A nivel xeral foron salientables nas probas de velocidade os rexistros logrados pola clara favorita da especialidade Ainhoa Reparaz do Val Miñor quen con 7.73 e 24.98 lograba os triunfos sobre as distancias dos 60 e 200 m. En homes tamén bo campionato o disputado polo céltico Martín Barcia quen facía o propio con 7.18 e 22.44,.

Nas probas do medio fondo Carolina Santos do Ria Ferrol lograba establecer un rexistro oficial nos 800 m. de 2:18.90 sendo o máis destacado na categoría masculina os 4:04.19 do lucense Iván Rego do Lucus sobre os 1.500 m

Nos saltos as campioas galegas absolutas Enma Sihuang do Ovieto At. e Diaou Diallo do Ria Ferrol, non tiveron maiores problemas en facerse cos título autonómico de altura e triplo respectivamente logo de chegar ata os 1.68 e 12.54 m. nos seus concursos.

Novamente sobre o círculo de peso a campioa galega absoluta e atleta internacional Xiana Lago do Ria Ferrol facía bos os prognosticos lanzando no seu terceiro intento ata os 13.23 m. Pola súa banda o atleta do Maderas Barcia Lourenzá Fernando Vallines tamén mostraba a súa calidade lanzando a bola de 6 kg. ata uns bos 14.77 m.

No campionato galego de Combinadas moi interesantes os 3.266 puntos logrados por Carlota Salagado do A.F. Celta quen se proclamaba campioa galega ao igual que Xoel Otero do A.A.Mazí con 4.627 p.

Resultados

 

Compartir: