Resultados

Cinco medallas e trece finalistas nos estatais da fin de semana

Un total de cinco medallas e trece postos de finalistas foi o balance dos campionatos de España aos que acudiron esta fin se semana os atletas da nosa federación.

Campionato de España de pista cuberta Sub23

O primeiro en dar comezo foi o de Antequera ca disputa do Campionato de España Sub23 na que por espazo do sábado e domingo pasaron máis dunha treintena das nosas e nosos atletas.

O máis salientable foi o subcampionato acadado pola campioa galega absoluta dos 1500 m. María Cedrón do ADAS CUPA quen lograba un rexistro de 9:46.91 na final dos 3.000 m. , redondeando un formidable comezo de tempada logo de liderar recentemente a selección Galega de campo a través Sub23 que lograba o título por seleccións. Sobre esta mesma distancia tamén foron moi salientables os postos de finalistas logradas tanto por Antía Castro do Running Pinto S. quen entraba na quinta posición como os da tamén ourensá do ADAS CUPA Inés Docampo, sétima clasificada

O segundo metal destes campionatos foi para o atleta do Real Club Celta Jorge Román Leiros quen sobre a proba dos 200 m. estabrecía un rexistro de 21.68 o que lle daban o subcampionato nacional desta categoría na que debutaba. Con esta prata, mellora o metal de bronce do ano pasado nos 400 m. sendo Sub20.

Nos 1.500 excelente carreira de Sara López do ADAS CUPA, quedando ás portas dos metáis logo de rematar na cuarta posición dunha carreira na que tamén entraba en postos de finalista Lucía Varela do Lucus Caixa Rural.

Tamén resultou importante o concurso de lonxitude, cun Raúl Cortizo do Celta rozando a zona de podio da que apenas lle separon dous centímetros. O tamén céltico Sergio Coello lograba a sexta posición nesta mesma modalidadede na que igualmente Andrea Villaverde da Gimnástica remataba de oitava na categoría femenina.

Cambiando de sectores, postos de finalistas os logrados tanto por Samuel Lema do Atletismo Negreira como de Miguel Angel Granado do Celta sobre círculo de peso que pechaban as actuación máis salientables xunto á sexta posición de Andrea Reija do Xuncas Diversia sobre as combinadas.

Campionato de España Máster de Maratón

Se bos foron os resultados no nacional Sub23 de pista cuberta, non menos foron o dos atletas másters que ata Murcía viaxaron para participar no campionato de España de maratón.

Un total de tres medallas e tres postos de finalistas foi o balance da súa actuación na que tanto os atletas do Burgas Ourense Santiago García na categoría M45 cun crono de 2h.40:14 como Antonio Vázquez na M55 con 3h.05:18, proclamáronse campións de España nas súas respectivas categorías. O terceiro metal foi para o atleta do Atletismo Corredoiras Alvaro Prieto quen lograba o bronce na M40 cun rexistro de 2h.26:16.

Mención tamén para os finalistas Roi Martínez, 4º na M35; Marcos Groba, 5º na M45 e Rubén Airas, 7º na M40.

   

 

Compartir: