Dobre parada en Expourense

 Axenda repleta de actividades e de campionatos a que nos deixa esta fin de semana. As citas de Ames e Pontevedra súmaselles as que se levarán a cabo na pista cuberta de Expourense ca disputa dos Campionatos Xunta de Galicia Sub10, Sub12 e sub14 o sábado e o campionato Xunta de Galicia máster o domingo.

Festas do atletismo base

O sábado dará comezo a gran cita para o atletismo base que en dobre xornada contará con máis de setecentas trinta participacións. Os primeiros en compitir serán os Sub10 e Sub12 a partir das 10.30 h. estando a xornada de tarde reservada para a categoría Sub14 desde as 16:00 horas.

O principal obxectivo deste campionato pasa por ser unha gran xornada formativa e competitiva  que sirva como estímulo aos nosos rapaces e rapazas, moitos dos mesmos debutantes este sábado. Máis alá dos resultados e dos rexistros logrados serán os valores do esforzo, da loita, do compañeirismo e da deportividade por citar algúns, quenes contarán co principal protagonismo ao longo de todo o campionato.

Campionato de Galicia Máster

Xa no domingo, serán os atletas das categorías máster quenes acaparen todo a atención nun encontro organizado tamén en dobre xornada de mañá e tarde.

Nesta cita estarán compitindo un importante número de atletas medallistas tanto en competicións nacionais como internacionais entre os que destacan os campións de España de pista cuberta do ano pasado, Juan Luis Paz na M50 do Atletismo Narón sobre o concurso de combinadas; Domingo Álvarez na M65 do Samertolameu nas probas de 400 m. e de 800 m; Ines Papín na F50 do Atletismo Sada sobre os 3.000 m. así como os tamén campións de España de aire libre da pasada edición, Basi Bernárdez da Atlética A Silva no triplo, Begoña Domínguez na F35 do Ourense atletismo nos 3.000 m.;  Concha Nováis na F40 do Atletismo Sada nos 400 m., María Mesías na F45 do Riazor Coruña nos 60 e nos 200 m.; Cristina Estévez na F45 do Celta nos 400 m.; Luz Domínguez na F60 do Burgas Ourense nos 200 m. e María de los Angeles Rodríguez de A Silva na F60 en peso.

Especial atención á presenza dos plusmarquistas mundiais dos 4×800 m. Xosé Lois Otero do Atletismo Santiago así como a  de Pablo Fervenza  e o xa citado Domingo Álvarez ambos do Samertolameu. Por último a plusmarqusita nacional de pértega na F40 Lucía Ferreiro da Gimnástica, estará tomando parte sobre esta mesma modalidade e sobre a de lonxitude.

 

Compartir: