O atletismo galego estivo con Gustavo Dacal

Este pasado domingo tivo lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra unha xornada atlética solidaria de apoio a Gustavo Dacal que xuntaría a centos de persoas que encheron as bancadas do recinto pontevedrés.

Organizado pola Federación Galega de Atletismo baixo a colaboración e apoio da Xunta de Galicia e da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, a finalidade desta xornada solidaria era a de recadar a maior cantidade de fondos posibles cos que poder axudar e sufragar a estancia hospitalaria do noso atleta en terras mexiacanas. Para elo tanto a recadación integra da xornada, como as distintas doazóns que se viñeron producindo ao longo dos días previos, fixo posible que se recadara un total de 3.285 €.

Ao acto acudiron o Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, o Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia José Ramón Lete, o Delegado de deportes da Xunta en Pontevedra Daniel Benavides, a Presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Charo Castro, o técnico e adestrador de Gustavo Dacal, Javier López así como os responsables da plataforma que se está encargando de coordinar todas as accións de axuda e apoio a Gustavo Dacal.

A todas e a todos MOITAS GRAZAS pola vosa axuda e solidaridade!

 

Compartir: