Continuando co repaso do que será o Campionato Xunta de Galicia tanto absoluto como de combinadas desta fin de semana, analizamos o que pode dar de sí a categoría feminina.
Calidade e presenza de atletas internacionais
Entre a presenza de atletas destacadas contaremos ca participación da bimedallista paralímpica e plusmarquista galega dos 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rual quen tomará parte nas probas dos 60 m. e no que se medirá a internacional Ainhoa Repáraz do Val Miñor que defende título, partindo como favorita tanto sobre esta distancia como na dos 200 m. Laura López do Riazor e Andrea Pais do A.F. Celta figuran na lista de aspirantes ao podio no dobre hectómetro.
Outra das probas interesantes será a dos 400 m. na que a coruñesa María Fernández do Universidade de León acredita a mellor marca das participantes das que se agarada moita igualdade entre Alicia Barreiro, Eugenia Gil, Claudia Rojo e Inés Oitavén.
Máis papeletas parecen ter a priori a medallista de bronce do ano pasado María Carballido do Grupompleo Pamplona sobre a proba dos 800 m. e a internacional Ester Navarrete do A.F.Celta, e recente bronce no galego de campo a través, sobre a distancia dos 1.500 m.
Claudia Rojo, xa de volta do seu periplo académico polos Estados Unidos, será a favorita na proba dos 60 valos a cuxo podio aspiran Andrea Villaverde, Lucía Blanco e Antía Martínez.
Nos concursos, estrea de Emma Sihuang cas cores do seu novo club, o Oviedo Atletismo, na proba de altura da que ela mesma é a actual campioa galega. A priori tan só Andrea Villaverde da Gimnástica, podería estar na disputa directa polo título.
No resto de saltos estrea tamén para Bea Viteri -que muda o Scorpio 71 dos últimos anos polo Samertolameu na súa nova etapa- nun concurso de pértega no que parte como favorita Manuela Blanco do Ourense Atletismo á procura do seu primeiro título absoluto. Precisamente son xa varios os títulos que acumula a actual campioa galega de lonxitude en pista cuberta e aire libre, Andrea Villaverde da Gimnástica, a cal loitará por ampliar o seu palmarés e na que Tania Valverde podería estar entre os postos de honra.
As internacionais do Ría Ferrol Diaou Diallo no concurso de triplo e Xiana Lago no de peso, deixarán pouco marxe para as sorpresas nuns concursos nos que tanto Uxía Paz e Ariadna Gil en triplo, como Raquel Villa e María Ezquerro en peso, aspirarán ás medallas.
Campionato de Galicia de probas combinadas
Noutro orde de cousas, disputarase esta fin de semana -e de maneira conxunta co absoluto e Sub23- un novo Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas na que tanto Andrea Reija do Xuncas Diversia como o lucense Adolfo Saínz-Maza do Real Club Celta parten como favoritos
O internacional lucense, claro domiñador nos últimos anos, aspira a reeditar o seu título logrado no 2022. Desta ocasión serán tanto Aitor Fernández como Adrián Carreira a quenes terá diante.
Na categoría femenina, e ante a ausencia das principais especialistas, será Andrea Reija quen asuma as funcións de favorita sen esquecer as súas principais opoñentes que serán Aloia Vilas, Lasura Barbazán e Verónica Arteche.
Foto: Juan Ramilo