Resultados

A gran cita galega da pista cuberta chega a Ourense (I)

Esta fin de semana novamente Ourense vestirase de gala para recibir a cita máis importante do noso atletismo na modalidade de pista cuberta.

Preto de douscentos cincuenta atletas en total son que que figuran preadmitidos no Campionato Xunta de Galicia para as categorías absoluto e Sub23 que acontecerá este sábado a partir das 11.00 horas.

Emoción e igualdade na categoría masculina

Na proba raiña da velocidade os 60 m., agárdase unha interesante disputa entre o plusmarquista galego e actual campión, Javier García do Real Club Celta, con Adrián Pérez do CAPEX sobre unha distancia na que ambos xa foron finalistas do pasado campionato nacional absoluto desenvolto de Ourense.

No dobre hectómetro o subcampión galego de pista cuberta e campión de aire libre  Sergio Rodríguez da Gimnástica, fará valer o seu mellor rexistro de 21.68 sobre Roi Martínez, Pablo Tomé e Adrian Outeiral que aspiran a postos de medalla.

Continuando ca velocidade, o plusmarquista galego dos 100 m. e 200 m. Mauro Triana do Playas de Castellón, verémolo tomando parte sobre a distancia dos 400 m. nunha proba na que o favorito é o tamén internacional e actual campión de España Sub23, Jacobo Soler do Grupompleo Pamplona. Xunto a Soler estarán os especialistas da distancia Alexis Miguéns do Atletismo Santiago e Ricardo Cortizo do Val Miñor.

No medio fondo ¨regreso¨ nos 800 m. de Pedro Osorio que logo da súa estancia na Univiersidade norteamericana de Texas State, pasará a defender este ano as cores do Atletismo Santiago. Xunto ao ferrolá que parte como favorito, poderían estar na zona de podio tanto o céltico Alberto Pérez como o pontevedrés David de la Fuente

Sobre os 1.500 m. novo reto para Elian Numa do Playas de Castellón quen pouco a pouco estálle tomando a medida a esta proba na que terá que competir a priori co principal favorito Pablo Bocelo e co tamén aspirante a podio Jorge Puig do Atletismo Santiago. Sobre os 3.000 o gimnástico Carlos Porto  intentará repetir o título galego conquistado o ano pasado sobre os 1.500 m. para o cal deberá ter moi presente tanto ao recente campión de Galicia de campo a través Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural como a Hugo Garcia do Real Club Celta en contínua progresión.

Moita igualdade será a que disfrutemos nos valos entre o internacional venezolano en combinadas, este ano nas ringleiras do Unicaja Jaén e gañador no ano pasado, Gerson Vidal Izaguirre con Santi Rozas do Lucus Caixa Rural que intentará mellorar o bronce da pasada edición. De igual modo o ex do Atletismo Narón, parte como favorito tanto na proba de altura na que rexistra 1.95 m. como na de lonxitude con 7.41 m., proba esta última na que se atopará cos atletas do Celta Raúl Cortizo actual campión galego, e Sergio Coello subcampión.

No concurso de triplo tres son os saltadores que acreditan rexistros por riba dos catorce metros. En concreto o sadense Diego Míguez parte como favorito grazas aos seus 14.64 m. sen esquecer a Xoel Otero do Mazí nin a Anxo Blanco da Gimnástica con 14.37 m. e 14.32 m. respectivamente.

O peso unha vez máis, contará ca emoción de ver en acción ao capitán da Gimnástica Victor Gallego sobre o círculo de lanzamentos na defensa do que sería o seu título galego absoluto …¡trixésimo cuarto! que o converten no máis laureado da historia dos campionatos galegos. En fronte terá tanto a Miguel Ángel Granado do Celta como a Jaime Arias do At. Portugalete con serias opcións de lograr o título autonómico.

Foto: Fotocarlosgrafias

Compartir: