Todas e todos con Gustavo Dacal nestes duros momentos

Un dos lanzadores máis queridos e importantes da historia do atletismo galego Gustavo Dacal, se atopa nunha dura situación como consecuencia dun contaxio de dengue ocasionado pola picadura dun mosquito e cuxas graves complicacións derivaron nunha infección da columna vertebral.

Quen fora plusmarquista nacional e gran domiñador da xavelina desde finais dos noventa e principios dos dous mil, atopábase desde fai anos en México dirixindo e controlando a preparación e progresión dos lanzadores e lanzadoras aztecas.

Marea de solidaridade

Moi querido e apreciado por todo o atletismo galego e estatal, teñen sido moitas e variadas as iniciativas que se foron desenvolvendo durante estas datas de cara a recadar fondos e así poder axudar aos costosos tratamentos médicos que require a súa hospitalización.

Desde toda a familia do atletismo galego queremos enviar unha grandísima aperta e todo o noso cariño, solidariedade e axuda posible a Gustavo Dacal e lembrarlle que estamos todas e todos con él.

Todas aquelas personas, organismos e entidades que desexen colaborar e axudar, existe unha conta na cal poder aportar axudas:

IBAN: ES37 2080 5057 4530 4002 3789

Concepto: AXUDA SOLIDARIA

Compartir: